CRTVG

Buscar

Italia aproba en referendo a redución dun terzo dos parlamentarios

Publicado o 21/09/2020 20:40

Italia aproba en referendo a redución do número de parlamentarios. O reconto aínda non rematou, pero supera xa o  90 por cento. O si gaña con claridade, con case o 70 por cento dos votos.

O recorte dos parlamentarios era unha promesa electoral  do Movemento 5 estrelas, que forma parte do Goberno italiano. A redución entrará en vigor na próxima lexislatura. O número de parlamentarios, entre deputados e senadores, pasará  de 945 a 600. Ademais do referendo celebráronse eleccións en sete rexións e en máis dun milleiro de concellos.

Noticias web

21/09/2020