CRTVG

Buscar

Israel e os Emiratos Árabes Unidos normalizan relacións

Publicado o 31/08/2020 09:00

Unha delegación israelí e estadounidense inicia hoxe unha visita a Abu Dhabi, capital dos Emiratos Árabes Unidos.

O xenro de Trump, Jared Kushner, encabeza a delegación que partirá desde a capital israelí no primeiro voo comercial entre Israel e os Emiratos Árabes. Na primeira reunión tratarán de relacións comerciais.

Os Emiratos serán o terceiro país árabe en establecer relacións diplomáticas con Israel. Os palestinos consideran esta decisión unha traizón.

Noticias web

31/08/2020