CRTVG

Buscar

Isabel II declara o 'brexit' prioridade do novo Parlamento

Publicado o 19/12/2019 20:18

Agás o cambio da carroza polo coche, Isabel II repetiu paso por paso o tradicional protocolo que rodea a apertura solemne do Parlamento británico. Acompañada polo príncipe Carlos, a raíña leulle a lords e comúns a axenda lexislativa coa que Boris Johnson encara os vindeiros 5 anos. Son 20 leis para reforzar o sistema público de sanidade, crear un mecanismo de inmigración por puntos e, sobre todo, executar un 'brexit' fulminante.

"A prioridade do meu goberno é executar a saída do Reino Unido da Unión Europea o 31 de xaneiro. Os meus ministros presentarán as lexislación para asegurar a saída do Reino Unido nesa data e para aproveitar as oportunidades que isto lle brinda ao pobo británico", lía a raíña Isabel II.

Este mesmo venres o Parlamento estrearase votando a nova lei do 'brexit', que impide calquera posibilidade de prórroga despois do 31 de decembro de 2020 e recorta o poder da cámara nas negociacións con Bruxelas. Na súa primeira alocución da lexislatura, Boris Johnson tamén descartou o novo referendo de independencia en Escocia, tal e como lle solicitou formalmente a primeira ministra escocesa.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/12/2019