Isabel Coixet gaña o Premio Nacional de Cine 2020
Publicado o 04/09/2020 20:07

A directora e guionista catalá Isabel Coixet acado o Premio Nacional de Cinematografía 2020. Anunciouno este venres o Ministerio de Cultura.
O xurado recoñece a súa capacidade para abrir novos camiños, durante máis de tres décadas, e apoiar unha nova xeración de cineastas. Tamén o seu inconformismo, versatilidade, proxección internacional e compromiso coa igualdade e as causas sociais.
Sorprendida e moi ilusionada dixo, tras coñecer a nova, que vai utilizar os 30.000 euros do galardón para darlle un empurrón á xente que empeza neste oficio.
Máis sobre Cultura
17/01/2021 11:45
15/01/2021 17:17
14/01/2021 21:17