CRTVG

Buscar

Irureta lembra como Riazor vibrou no 4-0 ante o Milán de hai 16 anos

Publicado o 07/04/2020 15:08
Cumpriu a promesa de facer o Camiño de Santiago

Un deses que vai aí, camiño de Compostela, é Jabo Irureta. Os que camiñan con el escoitan ducias de historias... historias como a daquel sete de abril que abría o telexornal dos Deportes.

Hoxe, 16 anos máis tarde daquela fazaña, chamamos a Irureta.

Irureta fixo como promesa o camiño, pero, como contaba na Galega, non de xeonllos

Dende a Coruña aquela noite o Deportivo sitouse no planeta fútbol. A historia de por que peregrinou Irureta xa a coñecerán. Un póker. Pandiani, Valerón, Luque e Fran. Hai 16 anos, a noite na que o Deportivo tumbaba o campión de Europa
 

Noticias web

07/04/2020