CRTVG

Buscar

Irene Vilaboa, nova adestradora do Teucro: "É un reto que non me asusta"

Publicado o 11/06/2020 20:58

•É a primeira muller que dirixe un equipo masculino nas máximas categorías do balonmán español

Irene Vilaboa xa posa coas cores do Teucro. Vai adestrar un histórico do balonmán nunha temporada que se prevé complicada en moitos sentidos. Acéptao con ilusion e sen medo.

Irene Vilaboa: "Para min non é un marrón vir a un histórico. A situación económica é complicada, pero tamén para os outros clubs. É un reto que non me asusta."

Entende a repercusión que ten ser a primeira muller en dirixir un equipo na división de prata. Só lamenta que sexa algo excepcional.

Irene Vilaboa: "Eu non son noticia por adestrar homes. Eu son adestradora de balonmán masculino e feminino. Que teña espazo nos medios é bo para nós, pero quizáis a noticia sexa porque non hai máis mulleres nos deportes de elite"

A súa irmá Rosa Vilaboa, que xa exercía de segunda adestradora co anterior técnico, será a súa man dereita. É a aposta do director deportivo Milucho Pintos, poñer nas mans destas dúas mulleres o futuro do Teucro en tempos difíciles.

 

Noticias web

11/06/2020