CRTVG

Buscar

Irene Montero anuncia que está embarazada dunha nena: "A familia crece"

Publicado o 13/03/2019 19:59

A portavoz parlamentaria e número dous de Podemos, Irene Montero, anunciou este mércores que ela e o secretario xeral do partido morado, Pablo Iglesias, volverán ser pais, xa que está embarazada dunha nena.

"Leo e Manuel van ter unha irmá. Estamos ben, felices e preparadas para coidarnos moito e á vez dar o mellor de nós nestes meses decisivos", asegurou nunha mensaxe que publicou na rede social Instagram.

Os dous principais dirixentes de Podemos xa son pais de xemelgos, que naceron o 3 de xullo do ano pasado de forma prematura, tras seis meses de xestación.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/03/2019