CRTVG

Buscar

Iraq pecha un importante paso fronteirizo polas protestas

Publicado o 17/11/2019 12:48

As autoridades iraquís pecharon o paso fronteirizo de persoas en Shalamcheh, na fronteira sur e próximo a Basora, a segunda cidade do país. A interrupción non afecta ao paso de mercancías nin aos intercambios comerciais habituais.
A decisión tómase para controlar as violentas manifestacións que se producen en varios puntos do terriotrio, pola decisión do goberno de racionar a subministración de combustibles e de servizos básicos como a auga e a electricidade.
A organización non gobernamental Observatorio Iraquí para os Dereitos Humanos cifra en polo menos 312 persoas mortas e 15.000 feridos nas nove provincias de Iraq desde que comezaron as protestas a comezos de outubro ata medidados de novembro.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/11/2019