CRTVG

Buscar

Investigan unha posible agresión sexual múltiple a unha menor en Vitoria

Publicado o 05/09/2020 16:02

A Ertzaintza investiga unha suposta agresión sexual a una moza de 17 anos en Vitoria na que estarían implicados sete menores. Os feitos sucederon, ao parecer, hai un mes nunha zona verde da capital arabesa. O caso xa está na fiscalía de menores.

Dos sete menores, cinco figuran como investigados por un delito contra a liberdade sexual e outros dous xa non estarían no expediente aberto porque non alcanzaron os 14 anos, a idade legal mínima para poder ser procesados legalmente. O xulgado de menores xa enviou un dos implicados a un centro en réxime semiaberto como medida preventiva. Para os outros catro impuxo unha orde de afastamento e comunicación coa vítima mentres se resolve a investigación.

Os acusados defenden a súa inocencia e alegan que os feitos foron consentidos. A menor na súa declaracxión xudicial asegura que ela pactou un encontro sexual cun deles, ao que se presentaron os outros seis amigos do rapaz e que todos participaron da agresión.

Noticias web

05/09/2020