CRTVG

Buscar

Investigan unha anciá que quería cobrar por devolver un iPhone

Publicado o 25/05/2020 13:50

A Policía Local de Pontevedra investiga unha muller que pretendía cobrar un rescate por devolver un iPhone.

O propietario alertou da desaparición do móbil despois de estar sentado nun banco no centro da cidade. A través dunha aplicación que rastrexa o terminal, os axentes detectaron que se atopaba na praza da Peregrina. Alí estaba a muller. Nun principio negou que tivese o móbil, ata que o seu acompañante revelou que estaba nas súas mans. A anciá recoñeceu que o collera nun banco e que pedira cobrar por devolvelo. A muller enfróntase a un delito de apropiación indebida.

Noticias web

25/05/2020