CRTVG

Buscar

Investigan un suposto delito contra a liberdade sexual no festival O Son do Camiño

Publicado o 18/06/2019 19:33
Investigan un suposto delito contra a liberdade sexual no festival O Son do Camiño

A Policía Nacional investiga un suposto delito contra a liberdade sexual no festival O Son do Camiño de Santiago, que se celebrou entre o xoves e o sábado da semana pasada no Monte do Gozo.

A investigación abriuse despois da denuncia interposta por unha das asistentes á cita, segundo informaron fontes policiais consultadas por Europa Press. En concreto, os feitos que se investigan producíronse, supostamente, nunha zona de acampada nas proximidades do lugar en que tiveron lugar os concertos, que congregaron varias decenas de miles de persoas durante o tres días que durou o festival.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/06/2019