CRTVG

Buscar

Investigan un roubo nun comercio da Coruña

Publicado o 18/11/2019 14:28

A Policía Nacional da Coruña investiga un roubo nunha tenda de roupa da que os ladróns lograron facerse con cartos e unha tableta co cargador, supostamente para vendela.

Aconteceu nun negocio da rúa Marqués de Pontejos, próximo ao mercado do Santo Agostiño. Os delincuentes accederon ao interior abrindo a porta e, unha vez dentro, utilizaron luvas para andar á procura do diñeiro e obxectos de valor.

Un veciño, ao ver a porta aberta, foi quen alertou a policía, e esta, á súa vez, a empregada, que xa denunciou o caso. Sospeita que os autores poderían ser profesionais, porque no local apenas causaron estragos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/11/2019