CRTVG

Buscar

Investigan un roubo na casa dun xogador do Celta

Publicado o 01/04/2019 14:53

É a casa que o fútbolista do R. C. Celta Emre Mor ten en Moaña. O sábado, mentres o xogador estaba convocado no partido de liga fronte ao Vilareal no estadio vigués de Balaídos, alguén aproveitou para entrar na súa vivenda. A Garda Civil investiga este asalto, en que os ladróns conseguiron levar reloxos e xoias por valor de 70.000 euros. Aproveitaron que non había ninguén na casa e que a alarma estaba desconectada. Todo apunta a que os asaltantes accederon ao interior por unha das ventás que teñen acceso ao balcón principal.

Os ladróns deixaron a casa revolta e non transcendeu se tamén levaron diñeiro en metálico. A vivenda está situada entre a estrada que une Moaña con Marín e o corredor do Morrazo. Non hai moitas vivendas próximas, polo que ningún veciño escoitou nin viu nada estraño. A Policía Xudicial mantén aberta unha investigación, pero polo momento non se produciron detencións. 

Noticias web

01/04/2019