CRTVG

Buscar

Investigan un roubo de material sanitario no hospital Montecelo por valor duns 600.000 euros

Publicado o 08/09/2020 09:13

A Policía Nacional investiga un roubo de material sanitario no hospital Montecelo de Pontevedra por valor duns 600.000 euros. Segundo fontes da investigación, os feitos ocorreron a noite do sábado ao domingo no servizo de Dixestivo do centro. A porta de acceso, da que teñen chave varias persoas, non estaba forzada. A área sanitaria de Pontevedra-O Salnés denunciou o roubo de varios endoscopios e un procesador.

Noticias web

08/09/2020