CRTVG

Buscar

Investigan se Tous usa recheos non metálicos en xoias que vende como se fosen totalmente de ouro

Publicado o 21/01/2020 15:22

Escándalo no sector da xoiería despois de que transcendera que a Audiencia Nacional ten aberta unha investigación contra a firma catalá Tous.

A Fiscalía sostén que a compañía emprega recheos non metálicos en xoias que vende como se fosen itegramente de ouro ou prata. A marca do oso rexeita as acusacións e asegura que respecta os estándares mundiais de certificación de metais preciosos. Pero algúns dos seus representantes serán interrogados este mércores en Madrid polo xuíz Santiago Pedraz.

Fundada en 1920, Tous ten presenza en máis de 50 países con 700 tendas, e conta con 4.000 traballadores.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/01/2020