CRTVG

Buscar

Investigan se o falso secuestro de Lugo se simulou baixo as ameazas duns narcos

Publicado o 29/05/2020 13:33

A Garda Civil continúa a investigar o caso da moza que foi detida en Lugo xunto coa súa parella por un presunto delito de falso secuestro.

Os axentes sospeitan que simulou o seu propio rapto presionada polas ameazas dun clan de narcotraficantes de Chantada, ao que a muller podería deber unha importante cantidade de cartos.

Tras prestar declaración, o seu mozo foi posto en liberdade. A Garda Civil de Lugo trata agora de identificar as persoas que colaboraron na montaxe do falso secuestro, co que se pretendía que os pais da moza pagasen 7.000 euros.

Noticias web

29/05/2020

Máis sobre Lugo