CRTVG

Buscar

Investigan se a casa que ardeu na Coruña estaba ocupada ilegalmente

Publicado o 11/07/2020 15:31

Os bombeiros confirmaron que a estrutura aguanta e agora están centrados en extinguir as brasas que van quedando. Os propietarios dun edificio contiguo comprobaron que o seu inmoble non sufriu danos. Respiran tranquilos despois dunha tarde e dunha noite moi complicadas. O lume xa estaba moi avanzado cando chegaron os equipos de extinción. Dezasete bombeiros traballaron ata ben entrada a madrugada para sufocar o incendio. A policía investiga se a casa estaba ocupada ilegalmente, como sucede con outros edificios deste barrio. Os bombeiros manterán a casa baixo vixilancia ata o próximo luns.


 

Noticias web

11/07/2020