CRTVG

Buscar

Investigan posibles subornos dunha multinacional alemá a médicos españois

Publicado o 24/05/2019 19:52

As autoridades sanitarias investigan se unha compañía alemá líder en produtos para diálise subornou médicos españoles de hospitais públicos de Valencia, Almería e Barcelona. Segundo a información desvelada polo xornal El País, a propia multinacional recoñeceu os pagamentos ante a Comisión de Bolsa e Valores dos Estados Unidos.

A investigación trata de determinar se entre os anos 2007 e 2015 varios nefrólogos de hospitais públicos españois recibiron subornos en forma de cartos, agasallos e viaxes da multinacional alemá Fresenius, a cambio de información confidencial, envío de pacientes ás súas clínicas ou compra de material.

A ollada está posta en catro hospitais, un en Valencia, outro en Almería e dous en Barcelona. No caso dos cataláns, os médicos presuntamente implicados xa faleceron. Os responsables de Sanidade da Comunidade Valenciana e da andaluza anuncian que investigarán o caso ata o final.

Jesús Aguirre, conselleiro de Saúde e Familias da Junta de Andalucía, "creouse automáticamente un grupo de investigación, e estano vendo desde os inspectores sanitarios que temos dentro da consellería ata a propia xerencia do hospital Torrecárdenas"

A información implica directamente a presidenta da Sociedade Española de Nefroloxía como unha das persoas que recibiu subornos. A sociedade sacou un comunicado na súa defensa, e cualifica as acusacións como un disparate.

Noticias web

24/05/2019