CRTVG

Buscar

Investigan o móbil da ex-parella da muller que se suicidou en Madrid

Publicado o 31/05/2019 20:51

O Movemento Feminista de Madrid convocou eunha concentración na capital en memoria de Verónica. A muller suicidouse despois de que se distribuíra no seu traballo un video sexual seu de hai anos. O Movemento Feminista pide que a Xustiza depure tódalas responsabilidades neste caso e defende o dereito das mulleres a unha sexualidade ibre. A Policía Nacional está analizando o móbil da exparella. O home quedou en liberdade tras prestar declaración de xeito voluntario e afirma que non ten nada que ver. A Policía segue investigando aos que recibiron e compartiron o video.

Noticias web

31/05/2019