CRTVG

Buscar

Investigan o lanzamento dunha granada contra un centro de menores inmigrantes en Madrid

Publicado o 04/12/2019 21:18

A policía investiga o lanzamento dunha granada de adestramento sen carga contra un centro de menores inmigrantes non acompañados en Madrid. O artefacto foi estoupado polos Tedax de maneira controlada. O ministro do Interior en funcións, Fernando Grande Marlaska, atribúe o incidente aos discuros de odio e intolerancia. Os partidos da esquerda sinalan a voceira de Vox na Comunidade de Madrid, que visitou a zona en outubro para denunciar inseguridade. A policía acudiu ao recibir un aviso por un paquete sospeitoso que resultou ser a granada sen carga explosiva.



 

Noticias web

04/12/2019