CRTVG

Buscar

Investigan dúas mulleres por entrar nun restaurante para beber alcol

Publicado o 13/04/2020 15:37

Os locais de hostalería están pechados, pero máis dunha persoa aproveita isto para entrar. É o que fixeron dúas mozas de Poio.

A Policía Local investiga dúas mulleres de 24 e 27 anos, veciñas de San Salvador, como presuntas autoras dun roubo con forza perpetrado no interior dunha parcela privada situada no lugar da Puntada. As sospeitosas residen na zona e foron sorprendidas na allada. Estaban no interior dun velador que hai na parcela e que se aluga para celebración de eventos. Os axentes acudiron despois de recibir unha chamada dos responsables das instalacións.

Ao parecer, as mozas levaban polo menos tres días entrando de xeito furtivo para consumir bebidas alcohólicas que se gardaban no lugar. Para entrar forzaron o peche da porta, polo que serán investigadas por un delito de danos á propiedade privada. Serán tamén sancionadas por saltar o decreto sobre o confinamento.

Noticias web

13/04/2020