CRTVG

Buscar

Investigan como intencionado un incendio nuns colectores do cárcere da Lama

Publicado o 18/07/2019 10:37

Na cárcere da Lama investigan o incendio duns colectores de papel. Todo apunta a que puido ser intencionado. Os funcionarios comprobaron que o incendio fora causado cun obxecto incendiario lanzado dende a fiestra dunha cela. Semella que empregaron papel hixiénico, calcetíns e botellas de plásticos a modo de cóctel molotov. Conseguiron sufocalo cuns extintores sen que nigún interno sufrise danos.

Noticias web

18/07/2019