CRTVG

Buscar

Investigan como homicidio un accidente de tráfico en Móstoles en que morreron tres persoas

Publicado o 25/08/2020 16:57

Unha disputa por unha custodia familiar pode estar detrás dun sinistro de tráfico en que morreron tres persoas en Madrid. A Garda Civil busca dous homes fuxidos, que ían nun dos coches implicados, como posibles responsables.

Os investigadores cren que houbo unha discusión pola custodia dunhas menores e que despois comezou unha persecución que acabou nun choque moi violento.

Morreron tres ocupantes dun dos coches: unha menor de idade, a súa nai e o seu tío. Outra rapaza de 12 anos está ingresada con feridas graves.

Noticias web

25/08/2020