CRTVG

Buscar

Investigan como crime machista a morte do matrimonio de Córdoba

Publicado o 04/06/2019 16:28

Segue aberta a investigación sobre a morte dun matrimonio por disparos de escopeta en Córdoba. O corpo do home tiña só un disparo e o da súa muller, dous.

A principal hipótese segue apuntando a un caso de violencia machista, pero os investigadores aínda non o confirmaron. Esperan a coñecer os resultados definitivos da autopsia e tamén o contido dunha nota escrita polo home que apareceu xunto ao seu cadáver.

O Concello de Iznájar decretou tres días de loito.

Noticias web

04/06/2019

Máis sobre actualidade