CRTVG

Buscar

Investigan a violación dun neno con Asperger por catro menores en Barcelona

Publicado o 23/07/2019 19:48

Os Mossos d'Esquadra investigan a suposta violación dun menor por parte dun grupo de compañeiros de instituto. Ocorreu no centro de Vallirana, en Barcelona. A familia presentou unha denuncia xa en decembro pasado. É un centro privado concertado que ofrece infantil, primaria e a ESO.

Os menores presuntamente responsables da agresión sexual serían catro e teñen entre 14 e 15 anos. O neno, que ten síndrome de Asperger, abandonou o centro en febreiro deste ano cando xa estaba o caso en investigación policial.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/07/2019