CRTVG

Buscar

Investigan a morte dunha muller en Motril, Granada

Publicado o 12/10/2020 09:07

A Policía investiga a morte dunha muller de 52 anos en Motril, en Granada. Localizaron o cadáver xunto á porta de saída do seu domicilio.

Un familiar alertou á Policía de que levaban varios dias sen saber dela e non lles abría a porta. Os veciños tamén advertiran do forte cheiro que había nese andar. Foi precisa a intervenión dos bombeiros para acceder á vivenda cunha autoescada por unha fiestra.

O cadáver da muller foi trasladado ao Insitituto Anatómico Forense de Granada para practicarlle a autopsia que determinará as causas da morte.

Noticias web

12/10/2020