CRTVG

Buscar

Investigan a morte dun home de 70 anos que apareceu calcinado na súa cama en Padrenda

Publicado o 01/12/2020 15:10

José tiña 70 anos, e vivía só nunha casa situada no medio dunha aldea do concello ourensán de Padrenda.

Andaba algo delicado de saúde, así que pasaba moito tempo na casa. Onte, contra as seis e media da tarde saltaban todas as alarmas cando a súa irmá o atopou completamente calcinado na súa cama.

Descoñécense polo de agora os pormenores do acontecido. As primeiras impresións que barallan os investigadores apuntan a que José puido sufrir unha indisposición grave, que lle provocara a morte mentres fumaba na súa cama.

Os bombeiros nin sequera chegaron a intervir, as lapas só afectaron o colchón e a mesiña de noite no seu dormitorio, e a unha pequena parte da traseira da casa. Por iso ninguén soubo do sucedido ata horas despois do seu falecemento.

policía xudicial da Garda Civil fíxose cargo da investigación, para clarificar as circunstancias deste falecemento.