CRTVG

Buscar

Investigan a morte dun bebé en Vilagarcía

Publicado o 10/04/2020 23:06
Investigan a morte dun bebé en Vilagarcía

Un bebé de meses faleceu este venres en Vilagarcía de Arousa e abriuse unha investigación de oficio para determinar as causas do deceso, tras comprobar que non había signos de violencia. Fontes policiais sinalaron que o suceso se rexistrou nun edificio da céntrica rúa Cervantes e que a hipótese que se baralla apunta a causas naturais. Ata o lugar desprazáronse Policía Nacional, a funeraria e unha comitiva xudicial, todos provistos de equipos de protección especial. Tamén, de acordo aos protocolos establecidos pola pandemia do Covid-19 un equipo de desinfección, aínda que non haxa constancia de ligazón algunha entre este tráxico episodio e o virus.