CRTVG

Buscar

Investigan a morte a tiros dunha parella en Valdepeñas

Publicado o 08/08/2020 22:13

Investigan a morte dun home de 84 anos e dunha muller de 60 por disparos de arma de fogo en Valdepeñas, Cidade Real. Os corpos foron atopados a pasada noite no domicilio da vítima polo seu propio fillo.

Polo momento non se descarta ningunha hipótese sobre as circunstancias en que se produciu o suceso. Non transcendeu a relación que existía entre eles, pero si que non había denuncias previas.

Noticias web

08/08/2020