CRTVG

Buscar

Investigan a aparición dun cadáver despezado na localidade madrileña de Chapinería

Publicado o 05/08/2020 15:24

A Garda Civil investiga a aparición dun cadáver na localidade madrileña de Chapinería. Un veciño da zona que paseaba co seu can atopou o corpo despezado onte pola noite. Os restos estaban semienterrados. Primeiro apareceu unha extremidade e logo o resto do cadáver dentro dunha bolsa de plástico.

Pensan que pode ser unha muller duns 70 anos que residía moi preto de alí, pero aínda están pendentes dos resultados das probas forenses que permitan a súa identificación. Polo momento, non detiveron ningún sospeitoso.

 

Noticias web

05/08/2020