CRTVG

Buscar

Investigadores da USC avanzan no uso da nicotina fronte á obesidade

Publicado o 26/09/2019 21:39

A nicotina lévanos, inevitablemente, a relacionala co tabaco. Porén, investigadores galegos da Universidade de Santiago están avanzando nun uso da nicotina que nada ten que ver co hábito de fumar. Acaban de descubrir que a nicotina pode combater a obesidade. O corpo está composto por tecipo branco, isto é o tecido malo, graxa, e por tecido pardo.

A posibilidade que proporciona a nicotina de transformar o tecido branco en pardo é un estudo preclínico que abordan no Cimus de Compostela xunto coas Universidades de Oxford, Xirona e Iowa. Todas nos trasladan unha mensaxe moi importante: fumar en ningún caso é un tratamento para a obesidade e entraña riscos para a saúde, efectos secundarios como a adicción ou os problemas cardiovasculares.

A nicotina xa foi probada con eficacia en roedores de laboratorio, en Compostela son optimistas coa evolución do estudo e están convencidos de que , a longo ou medio prazo, haberá un tratamento seguro para a obesidade.




 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/09/2019