CRTVG

Buscar

Investigan un veciño de Viascón por catro incendios forestais tras atoparlle varios artefactos

Publicado o 04/10/2019 17:54

Localizados en Cerdedo-Cotobade varios artefactos incendiarios para prender supostamente lume ao monte. A Garda Civil investiga un veciño de Viascón presuntamente relacionado con catro incendios forestais. O home puido empregar estes artefactos para prender os lumes. Parece que foron elaborados de forma artesanal, e están compostos por un cigarro rodeado por mistos envoltos por unha esponxa. A zona de Cerdedo-Cotobade sufriu nos útlimos anos unha alta actividade incendiaria.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/10/2019