CRTVG

Buscar

Interior aumentará os controis nas estradas durante as madrugadas

Publicado o 06/04/2020 21:46

O ministro do Interior considera que os casos de traslados a segundas residencias son anecdóticos, aínda que moi visibles nas actuais circunstancias. Grande-Marlaska anunciou que se van manter durante toda a Semana Santa os controis nocturnos nas estradas.

Os axentes da Agrupación de Tráfico da Garda Civil impuxeron máis de 130 multas nos 500 controis que esta fin de semana realizaron de madrugada para controlar que ninguén saltase o confinamento decretado polo estado de alarma. Con todo, Marlaska indicou que esta fin de semana a circulación de turismos polas estradas reduciuse un 95 % respecto aos valores habituais, mentres que nos accesos ás grandes cidades a baixada foi do 91 %. Son cifras que "non carecen de sentido", porque detrás "hai miles de contaxios evitables e miles de vidas que non se puxeron en risco".

Noticias web

06/04/2020