Interceptan un membro do clan dos Moróns que circulaba ebrio e drogado
Publicado o 11/03/2020 14:06
Interceptado en Pontevedra un membro do clan dos Moróns que conducía ebrio e baixo os efectos das drogas.
Foi localizado nas inmediacións da Ponte de Santiago durante un control. A Policía Local deulle o alto ao vehículo e identificou o condutor, un home emparentado directamente coa familia de Sinaí Giménez. Posteriormente decidiron realizarlle as probas de alcol e drogas, e deu positivo en ambas. No vehículo tamén viaxaba Marino Giménez, irmán de Sinaí e un dos líderes dos Moróns.
Máis sobre Pontevedra
19/01/2021 20:17