CRTVG

Buscar

Interceptan un home a 205 km/h na autovía Lugo-Santiago

Publicado o 27/01/2021 14:34
Interceptan un home a 205 km/h na autovía Lugo-Santiago

En Lugo, a Garda Civil interceptaba nas últimas horas un condutor que circulaba a 205 quilómetros por hora na autovía A-54, que comunica Lugo con Santiago de Compostela.

O condutor foi captado polo radar no quilómetro 12 da autovía. Nese momento circulaba a unha velocidade que representa o dobre do permitido para ese tramo da autoestrada, que está limitada a 100 quilómetros por hora.

O condutor está imputado por un soposto delito contra a seguridade viaria.

Noticias web

27/01/2021