CRTVG

Buscar

Interceptan un ciclista que circulaba bébedo en Mugardos

Publicado o 25/08/2019 15:07

A Garda Civil interceptou un ciclista que circulaba borracho en Mugardos. Deu positivo no control de alcolemia, cunha taxa de 0,7 miligramos por litro de sangue. Os axentes detivérono logo de observar que facía manobras estrañas e antirregulamentarias.

A Garda Civil lembra que se lles poden practicar controis de alcol e drogas tanto aos ciclistas coma ao resto dos usuarios da vía.

 

Noticias web

25/08/2019