CRTVG

Buscar

Interceptan o condutor dun patinete modificado para chegar aos 100 km/h

Publicado o 27/01/2020 11:52

Un condutor foi denunciado pola Policía Local de Vigo tras ser sorprendido circulando a gran velocidade no seu patinete eléctrico. Ao parecer, o vehículo fora modificado para alcanzar os cen quilómetros hora.

Segundo apuntou hoxe a policía, Atestados observou o venres o condutor saltando un semáforo en vermello. Cando ían tras el coa intención de identificalo, os axentes decatáronse de que lles resultaba moi difícil seguilo co furgón policial. 

Pouco despois, os axente comprobaron que a pesar de que o vehículo, que estaba autorizado para circular como máximo a 25 quilómetros por hora, chegaba case aos 100, así que procederon a interpoñer a denuncia correspondente e a retiralo da circulación.

Todo comezou na confluencia das rúas Xosé Gil e Florida. Unha patrulla de Atestados é testemuña de como un patinete eléctrico salta un semáforo en vermello. Inician o seguimento pero cústalles darlle alcance. Conségueno cando o patinete se detén. Os axentes comproban o modelo. Segundo a etiqueta identificativa, non podería pasar dos 25 quilómetros por hora. Os policías realizan un recoñecemento e comproban que o velocímetro alcanza os 99 quilómetros por hora. Mesmo podería ser máis, porque a pantalla dixital só tiña dous díxitos. Deducen, por tanto, que a limitación de velocidade foi modificada, polo que proceden á denuncia e retirada do patinete.

O propietario do patinete interceptado tamén lle instalara un transportín en que viaxaba un can.