Interceptan en Lalín un menor que conducía triplicando a taxa de alcolemia permitida
Publicado o 19/01/2021 19:46

En Lalín, a Garda Civil intercepta un menor que conducía triplicando a taxa de alcolemia permitida. Os axentes parárono na Nacional 525 pouco despois da medianoite.
O mozo é un veciño da vila, de 17 anos. Non ten o carné e ademais ía bébedo. Agora acúsano de dous delitos contra a seguridade viaría. A Fiscalía de Menores de Pontevedra encargarase do caso.