CRTVG

Buscar

Intento de atraco cun coitelo na man nunha estación de servizo da Picaraña, en Padrón

Publicado o 06/07/2019 15:34

Dous mozos en motocicleta intentaron atracar unha gasolineira de Padrón armados con coitelos. Sucedeu concretamente na Picaraña cedo pola mañá. No momento do asalto había dous empregados, un dentro e un fóra. Un dos atracadores pediulle ao que estaba no interior todos os cartos da caixa mentres o amezaba cun coitelo á altura do ventre. Díxolle que el non tiña nada, que os cartos tíñaos o seu compañeiro de fóra. Cando foron cara a el o empregado que estaba onda os surtidores comezou a correr polo que os asaltantes tiuveron que fuxir de baleiro.
 

Noticias web

06/07/2019