Intentan roubarlle o patinete ameazando cunha pistola
Publicado o 01/10/2020 19:48
Tres homes ameazaron un mozo cunha pistola para roubarlle o patinete. Sucedeu en Vigo a pasada noite. Malia o perigo, a vítima forcexou cos homes, que acabaron fuxindo. Axentes da Policía Local conseguiron deter os tres asaltantes, todos de entre 18 e 22 anos e de nacionalidade brasileira. Tamén localizaron a arma, que non tiña munición.
Máis sobre Vigo
18/01/2021 09:42
17/01/2021 21:39