CRTVG

Buscar

Intensifican os controis nos locais de hostalaría da Coruña

Publicado o 06/08/2020 14:16
Intensifican os controis nos locais de hostalaría da Coruña

A Policía Local da Coruña intensifica os controis nos establecementos de hostalaría para garantir o cumprimento da normativa sanitaria. A zona do Orzán é unha das que acumula máis queixas dos veciños.

Nun coñecido after na rúa do Socorro comprobaron que non se gardaba a distancia de seguridade e que algúns clientes non levaban máscara, polo que procederon a identificar unha moza e levantar a correspondente acta de sanción, aínda que, finalmente, o local non foi pechado.

Os veciños piden medidas máis contundentes. As autoridades sanitarias lembran que o uso da máscara é obrigatoria nos locais de hostalaría, agás no momento do consumo. E sinalan o ocio nocturno como un dos focos das repuntas actuais.

Noticias web

06/08/2020