CRTVG

Buscar

Xornadas para pemes sobre a intelixencia artificial

Publicado o 07/05/2019 17:24

A intelixencia artificial está a dar pasos de xigante: aprende, razoa, saca conclusións e toma decisións de xeito automático. O Colexio de Enxeñeiros Industriais de Galicia organizou unhas xornadas para achegar ás pemes galegas a transformación que están a xerar estes avances.

Expertos en algoritmos e tratamento de datos afirman que a intelixencia artificial permite maximizar a produtividade e a calidade no proceso industrial, no comercio, na medicina ou en materia de seguridade. Pero tamén advirten de que está a invadir a intimidade dos usuarios.

 

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/05/2019