CRTVG

Buscar

Instalan unha mouteira do Camiño de Santiago en Cracovia

Publicado o 30/10/2019 15:36

A cidade polaca de Cracovia conta dende hoxe cunha mouteira que sinaliza o Camiño de Santiago. Está situada fronte á chamada ventá do papa Xoán Paulo II, a máis de 4.000 quilómetros de Compostela.

Ao acto de instalación acudiu o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, quen destacou o crecente interese que Polonia ten pola ruta xacobea, xa que é un dos países que achega un maior número de peregrinos.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

30/10/2019