CRTVG

Buscar

As acusacións de insensible a Boris Johnson complícanlle o treito final da campaña

Publicado o 10/12/2019 08:20

E esta fotografía estalle complicando os últimos días de campaña electoral ao primeiro ministro británico, Boris Johnson. É un meniño de catro anos enfermo de pneumonía, que tivo que durmir no chan dun hospital do norte de Inglaterra por falta de camas.

Johnson negouse, nun primeiro momento, a mirar a foto que lle amosaba no seu móbil un xornalista de ITV. Primeiro gardou o teléfono no peto, despois sacouno, mirou a foto e lamentou o sucedido a esa familia. Dixo que a maior parte dos británicos teñen mellores experiencias.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/12/2019