CRTVG

Buscar

Ingresa en prisión un dos dous detidos polo tiroteo en Monforte

Publicado o 22/02/2021 15:12
Ingresa en prisión un dos dous detidos polo tiroteo en Monforte

Ingresou en prisión un dos dous detidos polo tiroteo rexistrado o xoves pasado en Monforte.

A investigación continúa aberta para identificar os demais participantes na liorta en que houbo persecucións en coches e disparos. A policía xa detivo o venres dúas persoas.

Un foi retido no lugar dos feitos por varias testemuñas e tras prestar declaración xudicial quedou en liberdade provisional con cargos.

O outro, o que efectuou os disparos, foi detido na comisaría de Ourense, onde se lle tomaba declaración pola compravenda dun vehículos. O xuíz determinou para el prisión á espera de xuízo.

Noticias web

22/02/2021