CRTVG

Buscar

Ingresa en prisión o presunto autor do tiroteo machista do Grove

Publicado o 31/01/2019 20:10

Esta mañá pasaba a disposición xudicial nunha declaración que quedara pendente arredor de dous meses, ata que recibira a alta médica no hospital Álvaro Cunqueiro. Alí estivo este tempo recuperándose das lesións que sufriu ao pegar un tiro na súa cabeza.  De feito, tanto aos xulgados, como á carcere da Lama, foi trasladado en ambulancia, e ante o xuíz acolleuse ao seu dereito de non declarar.

A súa muller, vítima de varios disparos, fora dada de alta dous días despois, tras ser atentida no hospital de Montecelo, en Pontevedra. O home está acusado dun delito de homicidio en grao de tentativa e de quebrantamento dunha orde de afastamento. 

O pasado 5 de decembro unha muller era rescatada pola fiestra tras ser vítima dun tiroteo machista no Grove. Pechada co seu suposto agresor na casa, e tras pedir axuda a berros, era liberada grazas á rápida actuación dos bombeiros e dos servizos de urxencia que a trasladaron rapidamente ao hospital de Montecelo. Dous días despois era dada de alta.

O seu agresor, que pegou un tiro na súa propia cabeza, quedara ferido grave. Estivo case dous meses recuperándose no hospital Álvaro Cunqueiro en Vigo, quedando pendente a súa declaración ante o xuíz, que tivo lugar este xoves.

Tras o seu paso a disposición xudicial, onde non quixo declarar, decretouse prisión comunicada e sen fianza. Ata o cárcere da Lama foi en ambulancia, igual que se fixo o seu traslado aos xulgados. Está acusado dun delito de homicidio en grao de tentativa e de quebrantamento da orde de afastamento.

Noticias web

31/01/2019