CRTVG

Buscar

Ingresa en prisión o home que se negou a pór a máscara nun colexio da Coruña e intentou agredir a Policía

Publicado o 11/09/2020 18:33
Ingresa en prisión o home que se negou a pór a máscara nun colexio da Coruña e intentou agredir a Policía

O home detido este xoves na Coruña tras negarse a pór a máscara nun colexio e tentar agredir os axentes que interviñeron, ingresou en prisión despois de pasar a disposición xudicial, segundo informaron fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O home está no centro penitenciario de Teixeiro acusado de delitos contra a saúde pública, desobediencia e atentado contra a autoridade.

Os feitos producíronse ao redor das 09.00 horas na zona de administración do CEIP San Pedro de Visma. Segundo confirmou a dirección do centro, o pai non tiña que deixar o xoves no centro a súa filla "ao empezar este ano e ter período de adaptación".

O problema comezou cando o posteriormente detido, a pesar do requirimento do persoal do centro, se negou a poñer a máscara, polo que se avisou os axentes, que tamén lle solicitaron que o fixese. 

Con todo, desde o colexio explicaron que se negou e colleu un bastón que se atopaba na zona de administración e tentou agredir os axentes, que, ao final, o levaron esposado e detido.