CRTVG

Buscar

Inditex volve bater récords de vendas e beneficios no primeiro trimestre do ano

Publicado o 12/06/2019 16:10

Inditex gañou 734 millóns de euros nos tres primeiros meses do ano, case un 10% máis ca no mesmo período en 2018. As vendas medraron preto dun 5% ata rozar os 6.000 millóns, e iso que, segundo informan, a meteoroloxía non axudou á venda dalgunhas prendas. Despois dun 2018 de crecemento máis tenue, o grupo téxtil galego volve bater marcas. Un éxito que, segundo apunta o presidente, Pablo Isla, se debe a un modelo de negocio sólido reforzado co comercio on line, que non deixa de sumar novos mercados, como poden ser Emiratos Árabes ou Indonesia."




 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/06/2019