CRTVG

Buscar

Inditex bate récord de vendas e beneficio e embolsa máis de 9 millóns de euros ao día

Publicado o 13/03/2019 20:31

Embolsa 9,5 millóns de euros ao día. É a primeira vez que a compañía supera os 26.000 millóns de euros en vendas, todo un récord se non fora porque, porcentualmente, o 3% supón o menor incremento na súa historia.

Tamén aumentan as súas vendas por Internet, que xa representan o 12% do volume total. A empresa anunciou que o consello lle proporá á próxima xunta de accionistas un aumento do dividendo ordinario do 50 al 60% do beneficio.

Noticias web

13/03/2019