CRTVG

Buscar

Indignación en Portugal pola descuberta das condicións insalubres en que vivían unhas xemelgas de 10 anos

Publicado o 23/08/2019 14:35

Indignación en Portugal pola descuberta das condicións insalubres en que vivían unhas xemelgas de 10 anos que estaban sen escolarizar.

A versión dos pais, que estes días recollen os medios de comunicación lusos, contradí o relato da Fiscalía. Aseguran que as súas fillas non pasaban fame, que saían á rúa a xogar cos nenos do barrio e que se non ían ao colexio era porque lles faltaban documentos que ninguén lles axudou a conseguir.

A Cámara Municipal de Amadora negou calquera requerimento da familia para inscribir as menores nas súas escolas nin petición algunha de axuda para acceder a unha vivenda digna logo de que a chabola que anteriormente habitaban fora derrubada.

A Comissão de Proteção das Crianças e Jovens si recoñece que en 2013 e 2016 recibiu avisos de que as cativas estaban expostas a violencia de xénero e que a xustiza ditou unha orde de afastamento para o pai.

Este verán, unha denuncia anónima da desproteción das menores descubríu a situación e foi hai uns días que as autoridades deron co paradoiro da familia.

Noticias web

23/08/2019